Fuera de plazoSubvenciones

Programa a prol da contratación e formación das persoas menores de 30 anos.

Por 14 abril 2018marzo 6th, 2020Sin Comentarios

Título

Programa a prol da contratación e formación das persoas menores de 30 anos.

Descripción

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación e formación por conta allea de persoas menores de 30 anos.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.
b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.


Resumen

Prazo de solicitude

Dende 14/04/2018 ata 01/10/2018

NOTA:

Contratacions realizadas entre o 16/12/2017 e o 13/04/2018 ata o 13/06/2018.
Contratacions a partir do 14/04/2018: dous meses dende a contratación.

Beneficiarios

As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Requisitos principiais do Proxeto
a) BONO CONTRATACIÓN:
1. A persoa desempregada pola que se solicita a subvención á contratación ten que cumprir os seguintes requisitos:
– Ser menor de 30 anos.
– Estar en situación de desemprego no momento do inicio da relación laboral.
2. A xornada da contratación inicial será a tempo completo ou a tempo parcial. No caso da xornada a tempo parcial deberá de ser igual ou superior ao 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada máxima legal.
3. O contrato laboral será dunha duración mínima inicial de doce meses.
4. Tense que incrementar o emprego neto da empresa respecto aos tres meses anteriores ao mes de contración.
b) BONO FORMACIÓN:
1. A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación.
2. A acción formativa deberá ter unha duración mínima de 50 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo ás que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.
3. A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato.

Contía da axuda
a) BONO CONTRATACIÓN: 5.000 euros.
b) BONO FORMACIÓN: 2.000 euros.